Política de cookies

Política de rastros

Este sitio web e aqueles outros accesibles a través do dominio www.bde.esAbre en nueva ventana (en adiante, o «Sitio Web») utiliza rastros propios e de terceiros. A continuación proporciónase información sobre que son os rastros, para que finalidades se utilizan neste Sitio Web e como poden configurarse ou desactivarse.

Que son os rastros?

Os rastros son arquivos ou dispositivos que se descargan no equipo terminal dun usuario durante a visita á páxina web coa finalidade de almacenar e recuperar datos.

Para que finalidades se utilizan neste Sitio Web?

Como a maioría dos sitios en Internet, este sitio web utiliza rastros para:

  • Establecer niveis de protección e seguridade que impidan ou dificulten ciberataques contra este Sitio Web ou os seus usuarios.
  • Personalizar e facilitar ao máximo a navegación do usuario. Os rastros asócianse unicamente a un usuario anónimo e ao seu equipo terminal, e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais do usuario.
  • Medir estatisticamente a actividade do Sitio Web co fin de introducir melloras no seu contido en función da análise dos datos de uso que fan os usuarios.

Que tipo de rastros se instalan neste Sitio Web?

  • Rastros técnicos: Son necesarios para navegar por este Sitio Web e utilizar as súas diferentes opcións ou servizos, ademais de para controlar o tráfico e a comunicación de datos co fin de establecer niveis de protección e seguridade que impidan ou dificulten ciberataques.
  • Rastros do Servizo de Mapas de Google: Utilízanse para mostrar a localización da sede do Banco de España e das sucursais. Pode atopar máis información en: http://www.google.es/policies/technologies/cookies/Abre en nueva ventana
  • Rastros do Servizo Google Analytics: Utilízanse para medir como interactúan os usuarios cos contidos deste Sitio Web. Pode atopar máis información en: https://developers.google.com/analytics/devguides/collection/analyticsjs/cookie-usageAbre en nueva ventana

Ademais, os formularios de cita previa e visita á sala de exposicións están protexidos por reCAPTCHA, sistema de Google que permite identificar se estes formularios proveñen de persoas físicas ou robots, para así evitar a recepción masiva de peticións. Con esta finalidade, Google realiza un tratamento dos datos persoais dos usuarios que envían peticións, respecto ao que pode obter máis información na Política de privacidade de GoogleAbre en nueva ventana e os seus Termos de ServizoAbre en nueva ventana.

Como poden configurarse ou rexeitarse os rastros?

Dado que os rastros non son necesarios para o uso deste Sitio Web, poden bloquearse ou desactivarse modificando a configuración do navegador, de maneira que se rexeite a instalación de todos os rastros ou dalgúns deles.

O usuario poderá configurar o seu navegador para rexeitar a instalación dos rastros enviados por este Sitio Web, sen que iso prexudique a posibilidade do usuario de acceder aos contidos. Porén, facémoslle notar que, en todo caso, a calidade de funcionamento da páxina web pode diminuír.

A continuación indícanse os accesos á configuración de rastros dos principais navegadores:

  • Internet Explorer: Ferramentas > Opcións de Internet > Privacidade > Configuración. Para máis información, pode consultar o soporte de Microsoft ou a Axuda do navegador.
  • Safari: Preferencias > Seguridade. Para máis información, pode consultar o soporte de Apple ou a Axuda do navegador.
  • Firefox: Ferramentas > Opcións > Privacidade > Historial > Configuración personalizada. Para máis información, pode consultar o soporte de Mozilla ou a Axuda do navegador.
  • Chrome: Configuración > Mostrar opcións avanzadas > Privacidade > Configuración de contido. Para máis información, pode consultar o soporte de Google ou a Axuda do navegador.

Tamén é posible rexeitar os rastros de Google Analytics a través da seguinte ligazón para desactivar Google AnalyticsAbre en nueva ventana.

Actualizacións e cambios na política de rastros

Este Sitio Web pode modificar esta política de rastros en función de esixencias lexislativas, regulamentarias ou coa finalidade de adaptala ás instrucións ditadas pola Axencia Española de Protección de Datos. Por iso, aconséllase aos usuarios que a visiten de forma periódica.