Que información recolle a presente política de cookies?
Este sitio web e aqueles outros propiedade de Banco de España accesibles a través do dominio www.bde.es (en adiante, o “Sitio Web”) utiliza cookies propias do Banco de España e dos terceiros indicados nesta política.
A presente política proporciona información aos usuarios sobre que son as cookies, que tipo e para que finalidades se empregan neste Sitio Web, como poden aceptarse, configurarse ou rexeitarse, así como información adicional sobre o tratamento dos datos persoais obtidos a través das cookies utilizadas.
Que son as cookies?
As cookies son dispositivos de almacenamento e recuperación de datos que se descargan no equipo terminal dun usuario durante a visita a unha páxina web para almacenar información e recuperar a información almacenada.
Que tipo de cookies se empregan nesta páxina web e para que finalidade se utilizan?
Esta páxina web emprega as seguintes cookies propias do Banco de España e de terceiros:
- Cookies técnicas (propias): Son precisas para navegar por este Sitio Web e empregar as súas diferentes opcións ou servizos. Ademais, permiten establecer niveis de protección e seguridade que impidan ou dificulten ciberataques. Por tanto, non se poden desactivar.
- Cookies do servizo de Google Analytics (de terceiros): Empréganse para obter métricas de uso e analizar como interactúan os usuarios cos contidos deste Sitio Web co fin de introducir melloras en ditos contidos.
Ademais, este Sitio Web contén ligazóns e contido de sitios web de terceiros que poden conter cookies alleas a Banco de España. Ao visualizar e acceder a esas ligazóns ou contido, vostede acepta as cookies instaladas por terceiros e as súas políticas de privacidade e cookies. Se desexa configurar as cookies instaladas en vídeos de Youtube ou Google Maps, acceda á Política de Privacidade de Google.
Por último, os formularios de cita previa, visita á sala de exposicións e de subscrición a determinadas listas de distribución de publicacións están protexidos por ReCAPTCHA, sistema de Google que permite identificar se ditos formularios proveñen de persoas físicas ou robots, para así evitar a recepción masiva de peticións. Con dita finalidade, Google realiza un tratamento dos datos persoais dos usuarios que realizan peticións.
Como pode aceptar, configurar ou rexeitar o uso de cookies?
Pode aceptar, configurar ou rexeitar o uso de cookies nesta páxina web a través do seguinte panel de configuración, no que poderá gardar as súas preferencias:
El meu panell de configuració de cookies
Se desexa eliminar as cookies dos servizos de Google unha vez aceptadas, poderá eliminalas dende as opcións do navegador que utilice.
Quen é o responsable do tratamento dos seus datos persoais?
O responsable do tratamento dos datos persoais obtidos a través das cookies instaladas nesta páxina web é o BANCO DE ESPAÑA, con NIF Q2802472G, domicilio en Calle Alcalá nº 48, 28014, Madrid, España e teléfono 913 385 000.
Para obter información sobre o tratamento dos seus datos persoais polo Banco de España e sobre os dereitos que lle asisten en materia de protección de datos, pode consultar a seguinte ligazón á Política de Privacidade do Banco de España.
Para obter información sobre o tratamento de datos persoais que realiza Google a través das cookies instaladas nos seus servizos, pode consultar a Política de Privacidade de Google.
Realízanse transferencias internacionais dos seus datos persoais?
O Banco de España non transfire fóra do Espazo Económico Europeo os datos persoais recadados a través das cookies propias instaladas nesta páxina web.
Para informarse sobre as transferencias internacionais fóra do Espazo Económico Europeo que, no seu caso, puidera realizar Google respecto aos datos recadados a través das cookies instaladas nos seus servizos, pode consultar a Política de Privacidad de Google.
Durante canto tempo se conservan os seus datos persoais?
O período de conservación dos datos persoais recadados a través das cookies propias é de 6 meses.
Actualizacións
Esta política de cookies poderá modificarse para actualizar a información proporcionada ou se resulta necesario para cumprir con novas obrigacións legais ou instrucións que dite a Axencia Española de Protección de Datos. Por iso, aconsellamos aos usuarios que a visiten periodicamente.