Central de Balances

Central de Balances

A Central de Balances do Banco de España é un servizo que analiza a información económico-financeira que as empresas non financeiras españolas envían voluntariamente e que permite mellorar o coñecemento destas sociedades, elaborar as contas financeiras da economía española e analizar o comportamento empresarial e os efectos das medidas de política monetaria sobre o financiamento e resultados das empresas.

Nesta sección infórmase sobre quen pode colaborar, como facelo e que vantaxes se obteñen por iso. Neste sentido, cabe destacar o acceso a un estudo comparado da empresa con agregados de sociedades non financeiras do mesmo sector de actividade e a utilización dunha base de datos europea con esa mesma finalidade.

CONTACTO