O Banco de España supervisa a solvencia e o cumprimento da normativa específica das entidades que se lle encomendaron.
O modelo de supervisión baséase en catro elementos:
- Unha regulación efectiva e prudente, con normas de acceso e exercicio da actividade.
- Unha supervisión continuada das entidades, con recepción e análise de información periódica e inspeccións in situ.
- Medidas de carácter corrector (requirimentos e recomendacións; plans de saneamento; intervención ou substitución de administradores).
- Un réxime disciplinario e sancionador que pode afectar tanto as entidades coma os seus administradores.
Nesta sección pódense coñecer, entre outros, o marco da función supervisora do Banco, a normativa ou os criterios supervisores que se aplican.