O 1 de xaneiro de 1999 naceu formalmente o euro como moeda, aínda que ata o 1 de xaneiro de 2002 non se produciu a súa posta en circulación e a retirada dos billetes e as moedas nacionais.
Dende a súa creación, é o Consello de Goberno do Banco Central Europeo (BCE) o que decide o volume de billetes en euros que se emiten cada ano, sendo a súa posta en circulación responsabilidade dos bancos centrais nacionais.
En canto á moeda, o BCE ten igualmente o dereito exclusivo de aprobar o valor total das moedas que se emiten; agora ben, corresponde a cada país calcular a cantidade de moedas requiridas e xustificar a cifra resultante ante o BCE, que autoriza o volume de emisión axeitado.
Nesta sección pódese coñecer todo o relacionado cos billetes e moedas de euro, así como información de interese sobre a desaparecida peseta.
Para facilitar o seu acceso agrupouse a información en dous grupos, a dirixida ao público en xeral e a dirixida aos profesionais.