Banner subhome sobre el banco

Sobre o Banco

O Banco de España é unha entidade de dereito público que desempeña en España a función de banco central nacional. Así mesmo, ten asignada a supervisión do sistema bancario español e a de outros intermediarios financeiros que operan en España.

Estas funcións lévanse a cabo no marco institucional europeo, do que o Banco de España forma parte como integrante do Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC) e do Eurosistema, así como do Mecanismo Único de Supervisión (MUS) e do Mecanismo Único de Resolución (MUR).

banner_Mision

Misión

A misión do Banco de España é conseguir a estabilidade dos prezos e a estabilidade financeira, favorecendo con iso o crecemento económico estable. Ademais, contribúe coa súa análise á formulación doutras políticas económicas.

banner_organizacion

Organización

O Banco de España desempeña as súas funcións a través dos seus órganos reitores e das súas direccións xerais.

Ten dúas sedes en Madrid e quince sucursais repartidas por todo o territorio nacional.

Portal de transparencia

Transparencia

O Banco de España é unha institución sometida á Lei de Transparencia en relación con aquelas actividades que realiza suxeitas a Dereito administrativo, para as que debe:

  • publicar determinada información no seu Portal de Transparencia, e
  • responder as solicitudes de información que envíen os cidadáns.

A transparencia é un mecanismo que permite coñecer como se toman as decisións que lles afectan.

Imagen progrma de evaluaciones

Programa de Avaliacións

O Banco de España estabelece no seu Plan Estratéxico 2024 a creación dun Programa de Avaliacións co obxectivo de impulsar a súa modernización, incorporar distintos criterios que permitan aumentar a eficacia das súas actuacións e estabelecer un proceso de mellora continua da institución.

Banner_trabajar

Emprego e bolsas

Estás interesado en saber máis sobre como é traballar nun banco central? Queres unirte ao noso equipo? Aquí poderás coñecer máis sobre os valores que nos distinguen e as oportunidades que podemos ofrecerche. Tamén explicamos como son os nosos procesos e os detalles das distintas convocatorias.

Banner_cooperacion

Cooperación Internacional

A actividade de cooperación internacional do Banco de España considérase un instrumento valioso para a consecución dos seus obxectivos en termos de estabilidade monetaria e financeira. Lévase a cabo a través da creación de vínculos estables de colaboración con institucións financeiras coas que se comparten estes mesmos obxectivos e concrétase no intercambio de experiencias e coñecementos e na difusión das mellores prácticas da banca central. Estas actividades desenvólvense a través da acción coordinada dos expertos de todas as áreas do Banco de España, que traballan nas distintas modalidades e proxectos de cooperación técnica internacional.

banner_europea

Actividade europea

O Banco de España, en calidade de banco central nacional, é membro do Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC) e do Eurosistema desde o inicio da Unión Económica e Monetaria e a introdución do euro en 1999. Igualmente, o Banco de España é a autoridade nacional competente na área de supervisión financeira, e como tal forma parte do Mecanismo Único de Supervisión (MUS) europeo desde o seu establecemento en 2014. Coñece a continuación os conceptos básicos sobre estas institucións e como participa o noso banco no seu funcionamento.

Directo a...

La colección de arte

Patrimonio arquitectónico