O 1 de xaneiro de 2002, o euro foi posto en circulación e substituíu os billetes e moedas nacionais. O Consello de Goberno do Banco Central Europeo (BCE) decide o volume de billetes en euros que se emiten cada ano e aproba o valor total das moedas que se emitirán por cada país. A posta en circulación de billetes e moedas é responsabilidade dos bancos centrais nacionais.
Xa dende o inicio do euro, o importe e número de billetes en circulación aumentou continuamente; entre outras razóns, porque o efectivo, como instrumento de pagamento, ten unhas características únicas:
Nesta sección pódense coñecer aspectos dos billetes e moedas en euros, así como información de interese sobre a desaparecida peseta.